Dende Galiza cara a Kalamua, en busca de dous familiares desaparecidos

Posted on Actualizado enn

_DSC0200_500Ocorreu fai a penas dous meses cando recibimos una chamada que nos deixou abraiados. Procedentes de Galiza, una familia atopábase en Markina-Xemein en busca de información sobre a desaparición duns familiares. Para ilo, foron o cemiterio e a unha librería, na procura de datos nos que se reflectisen os acontecementos locais ocorridos na guerra civil. Axudados por un veciño, a la polo medio día, puxéronse en contacto con nós, con Ahaztuen Oroimena. A chamada que recibimos dicía: “Nas rúas de Markina-Xemein, indagando por dous tíos mortos e desaparecidos en Kalamua, unha familia que ven dende Galiza esta na procura de información, por pequena que esta sexa”. Axiña, co prato aínda na mesa, levantámonos e sen dubidalo, corremos onde eles.
A situación parecía un soño, unha sorpresa moi curiosa e feliz. A ledicia palpábase no ambiente, tanto nos familiares, como en nos mesmos.
12_1936_Abendua_02Os irmáns Aguete Lino, Antonio e Manuel, naceron na Praia de Loira, un pequeno pobo de pescadores, pertencente o municipio de Marín, na provincia de Pontevedra.
Durante a Segunda República, estes irmáns, viñeron a traballar a Euskal Herria como moitos dos seus veciños. Manuel enrolouse no pesqueiro de altura chamado Hércules do porto de Bilbao e Antonio, enrolouse en Pasajes, fixando a súa residencia en Renteria.
O inicio da guerra civil, os irmás Lino, alistáronse para loitar no batallón anarquista “Celta” e dende entón, os seus familiares perdéronlles a pista.
Consultado diferentes fontes, sabemos que Manuel era tenente e que ambos morreron en Kalamua o 26 de decembro de 1936. Os ataques do día de San Estevo perduran na memoria dos veciños pois, os feitos acontecidos na zona de Max ese día foron dantescos. Os milicianos e gudaris afanáronse en neutralizar os fascistas que atacaban partindo da cima do Kalamua. Os anarquistas do batallón Celta defendían a posición de Max e niso perderon a vida Manuel Aguete Lino e Antonio Aguete Lino.
As súas irmáns María, Emilia e Consuelo, tendo medo das posibles represalias, calaron os feitos. Decidiron esquecer o acontecido cos seus irmáns, gardar silencio entre elas e tamén cos demais familiares, incluídos os seus fillos. Pero esquecer non foi posible, eles sempre estiveron presentes nos seus pensamentos e sobre todo, no Nadal, que baixo ningún concepto se celebraba a pesar da incerteza que isto producía nos seus fillos pero, ¿como ían festexar a morte dos seus irmáns?. E agora, despois de tantos anos cando os descendentes comprenden o porqué, agora entenden a razón da tristeza no Nadal, o motivo que impedía a celebración cando os demais veciños e amigos festexaban as festas nas súas casas.
3479_oPasaron os anos e primeiro morreu Emilia, logo María, quedando soamente Consuelo que, na súa vellez afectada de Alzheimer, empezou a rememorar en voz alta aos seus irmáns. Canto amor había nas súas verbas e canta dor; por non saber nada deles, por non saber onde descansan os seus corpos, por non poder abrazalos unha vez máis, por non poder bicalos, ….por perdelos desa forma tan incomprensible….nunha guerra.
O sobriño de Consuelo, Serafín Dopazo Aguete, tras ter conversas con ela sobre os seus tíos sinte a necesidade de coñecer o paradoiro de Manuel e Antonio… onde están enterrados, como viviron na guerra, como foi o intre da súas mortes….para ilo, conta coa axuda inestimábel da asociación “Ahaztuen Oroimena 1936” . Ambos están enrolados na busca da información tendo por temón a ilusión e como motor a procura da verdade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.